Exposición: Irma Olveira

Unha mostra das miñas pinturas. Centro Social de Cabo de Cruz

A colección pictórica da sonense Irma Olveira esperta creatividade, improvisación e movemento; como si as súas propias obras nos trasmitisen un desexo de ser escoitadas. O acto inaugural terá lugar o venres 8 de abril ás 20:00h. e finalizado o mesmo servirase un pequeno refrixerio. A mostra poderase ver ata finais de mes, no horario do Centro.

|