Proceso selectivo: técnicos/as A1 (bolsa de emprego)
O Concello de Boiro convoca un proceso selectivo para a confección dunha bolsa de emprego de técnicos A1 para a cobertura, mediante nomeamento temporal, de reforzos e ausencias puntuais que se produzan nos departamentos de intervención e secretaría.
O sistema de acceso será mediante oposición libre.
O BOP núm. 197 do mércores 15 de outubro de 2025 publica as bases da convocatoria que se poden descargar AQUI.
Publicada a relación inicial de persoas admitidas e excluídas (31/10/2025), que se pode consultar aqui.
Publicada a relación definitiva de persoas admitidas e excluídas (17/11/2025), que se pode consultar aqui.
Publicadas as publicacións provisionais do primeiro exercicio (26/11/2025), que se poden consultar aqui.
Publicada a resolución de alegacións e proposta de bolsa de emprego (11/12/2025), que se pode consultar aqui.
Requisitos das persoas candidatas
- Estar en posesión do título universitario oficial de grao
- Posuír a nacionalidade española
- Ter cumpridos dezaseis anos e non exceder da idade máxima de xubilación forzosa
- Non ter sido despedido mediante expediente disciplinario do servizo de ningunha administración pública
- Posuír as capacidades e aptitudes físicas e psíquicas para o desempeño das funcións
Prazo e presentación de solicitudes
O prazo de presentación de solicitudes será de DEZ DÍAS NATURAIS a contar dende o día seguinte ao da publicación das bases e convocatoria no Boletín Oficial da Provincia.
A instancia de solicitude e toda a documentación requerida deberá presentarse mediante o Rexistro Xeral ou sede electrónica do Concello de Boiro.
