Proceso selectivo: persoal docente e directivo do programa de emprego 'Xuventude I'

O BOP núm. 174 do 10 de setembro de 2024 publica o anuncio de convocatoria dun proceso selectivo para a contratación dun director, un docente e un titor para impartir o programa de emprego ‘Xuventude I’ destinado a mozos e mozas inscritos en Garantía Xuvenil.

O programa de emprego ‘Xuventude I’ dos Concellos de Boiro, Rianxo e A Pobra está financiado pola Consellería de Promoción do Emprego da Xunta de Galicia mediante o Programa FSE+ Galicia 2021-2027 da Unión Europea e ten por finalidade mellorar a ocupabilidade das persoas participantes mediante a realización de obras ou prestación de servizos de interese xeral para a súa cualificación profesional e inserción laboral no mercado de traballo.

A formación vaise levar a cabo nas seguintes especialidades: 

- Montaxe de equipos microinformáticos 

- Operacións auxiliares de manutención de sistemas microinformáticos 

- Realizar operación auxiliares con tecnoloxías da información e comunicación 

 

Consulta as bases AQUI

 

Publicada a relación provisional de persoas admitidas e excluídas de DIRECTOR/A (18/09/2024), que se pode consultar aqui

Publicada a relación definitiva de persoas admitidas e excluídas de DIRECTOR/A (23/09/2024), que se pode consultar aqui

Publicada a primeira acta do proceso selectivo de DIRECTOR/A (25/09/2024), que se pode consultar aqui

Publicada a segunda acta do proceso selectivo de DIRECTOR/A (25/09/2024), que se pode consultar aqui.  

 

Publicada a relación provisional de persoas admitidas e excluídas de DOCENTE  (18/09/2024), que se pode consultar aqui

Publicada a relación definitiva de persoas admitidas e excluídas de DOCENTE (23/09/2024), que se pode consultar aqui

Publicada a primeira acta do proceso selectivo de DOCENTE (25/09/2024), que se pode consultar aqui

Publicada a segunda acta do proceso selectivo de DOCENTE (25/09/2024), que se pode consultar aqui.

Publicada a resolución de alegacións e proposta de contatación do proceso selectivo de DOCENTE (30/09/2024), que se pode consultar aqui

 

 

Publicada a relación provisional de persoas admitidas e excluídas de TITOR/A (18/09/2024), que se pode consultar aqui

Publicada a relación definitiva de persoas admitidas e excluídas de TITOR/A (23/09/2024), que se pode consultar aqui

Publicada a primeira acta do proceso selectivo de TITOR/A (25/09/2024), que se pode consultar aqui

Publicada a segunda acta do proceso selectivo deTITOR/A (25/09/2024), que se pode consultar aqui

Publicada a resolución de alegacións e proposta de contatación do proceso selectivo de TITOR/A (30/09/2024), que se pode consultar aqui

 

 

Requisitos específicos das persoas aspirantes

  • Director/a

- Estar en posesión do título universtario oficial de grao ou equivalente.
- Experiencia mínima de 6 meses por conta allea en tarefas de dirección.
- Posuír o título acreditativo do nivel de coñecemento da lingua galega CELGA 4, equivalente ou superior.
- Permiso de conducir B 

  • Docente 

- Estar en posesión do título universitario de grao ou equivalente; ou titulación de Formación Profesional de acordo co certificado de profesionalidade. 
- Dispoñer do Certificado Profesional de habilitación para a docencia. 
- Posuír o título acreditativo do nivel de coñecemento da lingua galega CELGA 4, equivalente ou superior.
- Permiso de conducir B 

  • Titor/a 

- Titulación universitara de licenciatura ou grao en pedagoxía, psicopedagxía ou psicoloxía. 
- Experiencia mínima de 6 meses por conta allea en tarefas de titoría e/ou docencia.
- Posuír un título acreditativo do nivel de coñecemento da lingua galega CELGA 4, equivalente ou superior. 

 

Prazo e presentación de solicitudes 

Para participar deste proceso selectivo deberas presentar mediante o Rexistro Xeral ou sede electrónica do Concello de Boiro o modelo de instancia dispoñible nesta páxina e a documentación esixida para cada posto. 

O prazo de presentación de solicitudes será de CINCO DÍAS HÁBILES a contar dende o día seguinte da publicación do anuncio no BOP. 

 

 

 

 

|