Proceso selectivo: peón forestal (APROL 2024)
O Concello de Boiro realiza un proceso selectivo para a contratación dun peón forestal para a realización do servizo de prevención de incendios forestais nas faixas secundarias dos núcleos rurais do concello de Boiro.
O contrato de traballo formalizarase baixo a modalidade contractual laboral temporal para a mellora da ocupabilidade e da inserción laboral e durante 9 meses.
A convocatoria do proceso selectivo farase a través do Servizo Público de Emprego de Galicia para persoas demandantes non ocupadas. Consulta as bases AQUI.
Publicada a relación definitiva de persoas admitidas e excluídas (15/05/2024), que se pode consultar aqui.
Publicados os resultados provisionais (21/05/2024), que se poden consultar aqui.
Prazo de presentación de alegacións ata o venres 24/05/2024.
Requisitos das persoas candidatas
- Ter a nacionalidade española ou algunha outra que permita o acceso ao emprego público.
- Non atoparse incurso en causas de incompatibilidade ou incapacidade.
- Non ser despedido mediante expediente disciplinario do servizo de ningunha administración pública.
- Ter cumpridos os 18 anos e non exceder a idade maxima de xubilación forzosa.
- Posuír as capacidade e aptitudes físicas e psíquicas que sexan necesarias para o desempeño das funcións.
- Ser persoa desempregada e inscrita no Servizo Público de Emprego de Galicia (SEPE) como demandante.
- Non ter sido contratada por período superior ou igual a nove meses con cargo ás axudas concedidas no ano 2023.