Proceso selectivo: técnico superior en xestión forestal (Aprol 2024)

O Concello de Boiro realiza un proceso selectivo para a contratación dun técnico superior en xestión forestal para a realización do servizo de prevención de incendios forestais nas faixas secundarias dos núcleos rurais do concello de Boiro. 

O contrato de traballo formalizarase baixo a modalidade contractual laboral temporal para a mellora da ocupabilidade e da inserción laboral e durante 9 meses. 

A convocatoria do proceso selectivo farase a través do Servizo Público de Emprego de Galicia para persoas demandantes non ocupadas. Consulta as bases AQUI

Publicada a relación definitiva de persoas admitidas e excluídas (15/05/2024), que se pode consultar aqui

Publicados os resultados provisionais (21/05/2024), que se poden consultar aqui

Prazo de presentación de alegacións ata o venres 24/05/2024

 

Requisitos das persoas candidatas

- Pertencer a calquera dos estado asinantes do Tratado da Unión Europea. 

- Ter cumpridos os 16 anos e non exceder a de xubilación forzosa por idade. 

- Non padecer enfermidade ou defecto físico ou psíquico que impida o desenvolvemento das funcións propias do traballo. 

- Non estar afectado por motivos de incompatibilidade. 

- Acreditar estar en posesión da titulación de Técnico Superior en Xestión Forestal ou equivalente. 

- Ser persoa desempregada inscrita no Servizo Público de Emprego (SEPE) como demandante. 

- Non ter sido contratada por un período igual ou superior a nove meses con cargo ás axudas concedidas no ano 2023.

|