Proceso selectivo: director/a de actividades de tempo libre

O Concello de Boiro convoca un proceso selectivo para a contratación laboral temporal de directores/as de actividades de tempo libre. 

O sistema de acceso será mediante oposición libre e os contratos de traballo formalizaranse baixo a modalidade contractual laboral temporal que se considere axeitada en cada caso. 

O BOP núm. 112 do 14 de xuño de 2023 publica a convocatoria, que se pode consultar aqui

Publicada a relación provisional de admitidos e excluídos (22/06/2023), que se pode consultar aqui

Publicada a relación definitiva de admitidos e excluídos (28/06/2023), que se pode consultar aqui

Publicados os resultados provisionais das probas (29/06/2023), que se poden consultar aqui

 

 

Presentación de solicitudes

As persoas interesadas en formar parte deste proceso deberán presentar a instancia de solicitude e documentación no Rexistro Xeral ou sede electrónica do Concello de Boiro. 

O prazo de presentación de solicitudes será de CINCO DÍAS HÁBILES a contar dende o día seguinte ao da publicación das bases (14/06/2023). 

 

Requisitos das persoas candidatas

- Ter a nacionalidade española ou algunha outra que permita o acceso ao emprego público. 

- Titulación: estar en posesión do título de bacharel ou técnico. 

- Ter cumpridos os 18 anso de idade e non exceder a de xubilación forzosa por idade. 

- Non padecer enfermidade ou defecto físico ou psíquico que impida o desenvolvemento das funcións. 

- Non atoparse incurso en causas de incompatibilidade. 

- Non ser despedido mediante expediente disciplinario do servizo de ningunha administración pública. 

- Ter a consideración de profesionais da educación no tempo libre na modalidade de director/a: 

  • título de director/a de actividades de educación no tempo libre e xuvenil. 
  • certificado de profesionalidade de dirección e coordinación de actividades de educación no tempo libre infantil e xuvenil. 
  • título do sistema educativo que inclúa de forma completa cualificación profesional de dirección e coordinación de actividade de educación no tempo libre. 

 

 

 

 

 

Proceso selectivo: monitores/a de actividades de tempo libre

O Concello de Boiro convoca un proceso selectivo para a contratación laboral temporal de monitores/as de actividades de tempo libre. 

O sistema de acceso será mediante oposición libre e os contratos de traballo formalizaranse baixo a modalidade contractual laboral temporal que se considere axeitada en cada caso. 

O BOP núm. 112 do 14 de xuño de 2023 publica a convocatoria, que se pode consultar aqui

Publicada a relación provisional de admitidos e excluídos (22/06/2023), que se pode consultar aqui

Publicada a relación definitiva de persoas admitidas e excluídas (28/06/2023), que se pode consultar aqui

Corrección de erros no listado definitivo, que se pode consultar aqui

Publicados os resultados provisionais das probas (29/06/2023), que se poden consultar aqui

Publicados os resultados definitivos das probas (30/06/202), que se poden consultar aqui

Corrección de erros na acta final, que se pode consultar aqui

 

 

Presentación de solicitudes

As persoas interesadas en formar parte deste proceso deberán presentar a instancia de solicitude e documentación no Rexistro Xeral ou sede electrónica do Concello de Boiro. 

O prazo de presentación de solicitudes será de CINCO DÍAS HÁBILES a contar dende o día seguinte ao da publicación das bases (14/06/2023). 

 

Requisitos das persoas candidatas

- Ter a nacionalidade española ou algunha outra que permita o acceso ao emprego público. 

- Titulación: estar en posesión do título de graduado en educación secundaria obrigatoria. 

- Ter cumpridos os 18 anso de idade e non exceder a de xubilación forzosa por idade. 

- Non padecer enfermidade ou defecto físico ou psíquico que impida o desenvolvemento das funcións. 

- Non atoparse incurso en causas de incompatibilidade. 

- Non ser despedido mediante expediente disciplinario do servizo de ningunha administración pública. 

- Ter a consideración de profesionais da educación no tempo libre na modalidade de monitor/a: 

  • título de monitor ou monitora de actividade de educación no tempo libre infantil e xuvenil. 
  • certificado de profesionalidade de dinamización de actividades de educación no tempo libre infantil e xuvenil. 
  • título do sistema educativo que inclúa de torma completa a cualificación profesional de dinamización de actividades de educación no tempo libre infantil e xuvenil. 

Proceso selectivo: socorristas acuáticos 2023

O Concello de Boiro convoca un proceso selectivo para a contratación de quince socorristas acuáticos en medios naturais. 

Bases da convocatoria dispoñibles AQUI

Publicada a relación provisional de persoas admitidas e excluídas (19/06/2023), que se pode consultar aqui

Publicada a relación definitva de persoas admitidas e excluídas (21/06/2023), que se pode consultar aqui

Publicadas as puntuacións das probas e proposta de contratación (23/06/2023), que se pode consultar aqui

 

Prazo de presentación de solicitudes 

Inscrición na oficina de emprego (SEPE) ata o 5 de xuño. 

 

Requisitos das persoas candidatas 

- Pertencer a calquera dos Estados asinantes do Tratado da Unión Europea e o Acordo sobre o Espazo Económico Europeo.

- Os estranxeiros que non pertenzan a algún dos Estados asinantes deberán ter permiso de traballo cunha duración mínima de 12 meses. 

- Ter cumpridos os 18 anos e non exceder a idade máxima de xubilación forzosa. 

- Non padecer enfermidade ou defecto físico ou psíquico que impida o desenvolvemento das funcións propias do posto de traballo. 

- Non estar afectado por causas de incompatibilidade. 

- Non ter sido suspendido mediante expediente disciplinario de ningunha Administración pública nin atoparse en inhabilitación absoluta. 

- Estar en posesión de, como mínimo, o título de graduado en educación secundaria obrigatoria. 

- Estar inscrito no Rexistro Profesional de Socorristas Acuáticos da Comunidade Autónoma de Galicia. 

- Ser desempregago inscrito no Servizo Público de Emprego de Galicia. 

Proceso selectivo: peóns de servizos varios

O Concello de Boiro convoca un proceso selectivo para a confección dunha bolsa de emprego de peóns de servizos varios para distintos servizos municipais como praias, obras, xardíns... 

O sistema de acceso será mediante oposición libre e o contrato de traballo formalizarase mediante a modalidade contractual laboral máis axeitada en cada caso. 

O BOP núm. 111 do martes 13 de xuño de 2023 publica as bases da convocatoria, que se poden consultar aqui

Publicada a relación provisional de persoas admitidas e excluídas (22/06/2023), que se pode consultar aqui

Publicada a relación definitiva de persoas admitidas e excluídas (28/06/2023). que se pode consultar aqui

Publicadas as puntuacións provisionais das probas (29/06/2023), que se poden consultar aqui

Publicadas as puntuacións definitivas das probas e listaxe de contratación (04/07/2023), que se poden consultar aqui

  

Prazo e presentación de solicitudes 

O prazo de presentación de solicitudes será de CINCO DÍAS HÁBILES a contar dende o día seguinte ao da publicación das bases no BOP (13/06/2023). 

A instancia de solicitude e documentación debe presentarse no Rexistro Xeral ou sede electrónica do Concello de Boiro. 

 

Requisitos das persoas candidatas 

- Ter a nacionalidade española ou algunha outra que permita o acceso ao emprego público. 

- Ter cumpridos os 16 anos e non superar a idade máxima de xubilación forzosa. 

- Posuír a capacidade funcional para o desempeño das tarefas propias do posto. 

- Non atoparse incurso en causas de incompatibilidade ou incapacidade.

- Non ser despedido mediante expediente disciplinario do servizo de ningunha administración pública. 

- Estar en posesión do título do certificado de escolaridade, estudos primarios ou, como mínimo, de 2º da ESO ou equivalente. 

 

 

Proceso selectivo: peón forestal (APROL 2023)

O Concello de Boiro realiza un proceso selectivo para a contratación dun peón forestal para a realización do servizo de prevención de incendios forestais nas faixas secundarias dos núcleos rurais do concello de Boiro. 

O contrato de traballo formalizarase baixo a modalidade contractual laboral temporal para a mellora da ocupabilidade e da inserción laboral. 

O sistema de acceso será mediante oposición libre. Bases da convocatoria AQUI

Publicada a relación provisional de persoas admitidas (18/05/2023), que se pode consultar aqui

Publicada a relación definitiva de persoas admitidas e excluídas (23/05/2023), que se pode consultar aqui.

Publicados os resultados das probas e proposta de contratación (29/05/2023), que se pode consultar aqui

Prazo de presentación de alegacións ata o 31/05/2023.

 

Requisitos das persoas candidatas

- Ter a nacionalidade española ou algunha outra que permita o acceso ao emprego público. 

- Non atoparse incurso en causas de incompatibilidade ou incapacidade. 

- Non ser despedido mediante expediente disciplinario do servizo de ningunha administración pública. 

- Ter cumpridos os 18 anos e non exceder a idade maxima de xubilación forzosa. 

- Posuír as capacidade e aptitudes físicas e psíquicas que sexan necesarias para o desempeño das funcións. 

- Ser persoa desempregada e inscrita no Servizo Público de Emprego de Galicia (SEPE) como demandante. 

- Non ter sido contratada por período superior ou igual a nove meses con cargo ás axudas concedidas no ano 2022.

|