Pleno Ordinario, 17 de decembro de 2020

O Concello de Boiro celebra este xoves o Pleno Ordinario correspondente ao mes de decembro. A sesión vaise celebrar o día 17 de decembro de 2020, ás 20.00 horas, no Salón de Plenos da Casa Consistorial de Boiro. 

Tendo en conta a situación samnitaria na que se atopa o municipio a causa da Covid-19 e as restriccións decretadas polas autoridades sanitarias en canto a capacidade máxima das instalacións, non se vai permitir a presenza de público. 

A sesión poderase seguir en directo a través deste enlace da canle de YouTube do Concello de Boiro

Orde do día: 

1. Aprobación da acta da sesión anterior, celebrada o 08/10/2020.

2. Aprobación conta xeral 2019.

3. Modificación da Ordenanza Fiscal de Terrazas.

4. Plan anual normativo.

5. Convenio de colaboración entre o Concello de Boiro e o Concello de Ribeira para a recollida de animais abandonados e outras cuestións que redunden en protección e defensa dos animais de compañía. 

6. Moción presentada polo grupo municipal de IC Boiro/ Mixto sobre o estado das ruínas das instalacións da empresa Boiromar no Chazo. 

7. Moción do grupo municipal de IC Boiro/ Mixto relativa á reclamación a Repsol de débeda pola ocupación de terreos cos depósitos de gas no parque empresarial. 

8. Moción do grupo municipal de IC Boiro/ Mixto sobre os baños públicos do Mercado Municipal e melloras no dito Mercado. 

9. Moción presentada polo grupo municipal IC Boiro/ Mixto relativa á apertura durante todo o ano dos baños do paseo marítimo de Barraña. 

10. Moción do grupo municipal do PP para instar ao goberno a que ingrese as contías do IVE non liquidadas de 2017 como consecuencia da implantación do subministro inmediato de información (SII). 

11. Moción do grupo municipal do PP con motivo da celebración o 25 de novembro do Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller. 

12. Moción do grupo municipal do BNG relativa á celebración o 25 de novembro do Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller. 

13. Moción do grupo municipal de IC Boiro/ Mixto relativa á necesidade de pintar o edificio da Casa da Cultura. 

14. Moción do grupo municipal de IC Boiro/ Mixto para que se soliciten subvencións para obras ao goberno central con cargo ao 1'5% destinado a conservación do patrimonio cultural. 

15. Moción do grupo municipal de IC Boiro/ Mixto para a devolución de recargos cobrados a contribuíntes causados por cambios de código de bancos. 

16. Moción do grupo municipal do BNG sobre a reactivación da asistencia sanitaria. 

17. Moción do grupo municipal de Boiro Novo/ Mixto para a devolución para a constitución dunha mesa local de coordinación interinstitucional fronte á violencia machista. 

18. Moción do grupo municipal de Boiro Novo/ Mixto en relación co cumprimento das obras pendentes en Sandrenzo e Fontecoba. 

19. Moción presentada polo grupo de Boiro Novo/ Mixto para prover de axudas a deportistas boirenses vencellados ao mundo do motor. 

20. Moción do grupo municipal do PSdG-PSOE relativa á sanidade. 

21. Moción do grupo municipal do PSdG-PSOE pedindo ao goberno galego a reversión da titularidade dos terreos portuarios aos concellos, cando o seu uso para fins relacionados co porto sexa residual ou inexistente. 

22. Moción do grupo municipal do PSdG-PSOE con motivo da celebración o 25 de novembro do Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller. 

23. Moción da plataforma en defensa da sanidade pública do Barbanza. 

24. Moción do grupo municipal do PP para a adopción de medidas económicas e sociais en defensa dos autónomos e PEMES afectados polas restriccións imposta pola crise sanitaria derivada da Covid-19.  

 

|