Proxecto Relevo 2020

O Concello de Boiro participa no Programa Relevo 2020, que organiza o GALP Ría de Arousa e que se vai desenvolver en Boiro ata o mes de decembro. O programa ten como obxectivo formar a mozos e mozas para traballar e emprender en actividades vinculadas co sector do mar. 

Vaise realizar no Centro Social de Boiro, os luns en horario de tarde, dende o 28 de setembro ata o mes de decembro. 

Relevo 2020 é un proxecto que busca dar a coñecer aos xóvener as posibilidades de futuro no sector marítimo, o turismo mariñeiro, medioambiental, oceanográfico, gastronómico... e axudarlles na elaboración dun proxecto laboral futuro.

O programa vai dirixido a mozos e mozas con idades comprendidas entre os 16 e os 30 anos. Non é preciso ter experiencia previa nin estar en posesión de ningunha titulación relacionada. Pódese compaxinar o programa de formación co ámbito educativo e laboral, polo que non se require estar desempregado. 

Os obxectivos deste programa son: 

- Facilitar a formación co sector marítimo- pesqueiro e social e a súa repercusión no patrimonio, o desenvolvemento turístico e a oferta gastronómica. 

- Apoiar a profesionalización do sector marítimo e pesqueiro, a través da creación de emprego, e apoiar a empregabilidade e/ou inclusión social.  

- Poñer en manifesto a importancia de preservar os recursos e zonas costeiras, así como loitar contra o cambio climático. 

 

Máis información sobre o proxecto no enderezo electrónico Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. 

 

 

|