Historia
Índice do artigo
No Mar de Arousa , onde conta a tradición que cara ó ano 44d.de C. entrou en Galicia o corpo do Apostolo Santiago traído polos seus discípulos Atanasio e Teodoro, atopánse as terras de Boiro, ó pe da mitoloxía da serra do Barbanza.
A etimoloxía do topónimo divide a especialistas e estudiosos. Quizáis a opción máis estendida sexa a que lle dá a este nome unha equivalencia a brétema, néboa; outros en cambio cren que pode derivar de “Bouro”, bo ouro, termo que faría referncia á calidade que este preciado metal tiña por estes lugares na antigüidade; ou de “Budetum espadañal”.
Por último non faltan aqueles investigadores que afirman que o topónimo Boiro ten unha orixe histórica, derivada dun prolongado asentamento ou influencia neste litoral da tribu sueva dos Burios.
Sexa como sexa, o espazo que hoxe coñecemos como Boiro está poboado dende tempos moi remotos, ainda que non se sabe con exactitude dende cando.
A continuación imos facer un percorrido pola prehistoria e historia de Boiro facendo a seguinte clasificación:
- O Neolítico: Megalitismo
- Idade do cobre e do bronce: Os petroglifos
- A Idade de Ferro: A Cultura Castrexa
- A Antiguidade: O mundo Galaicoromano
- A Alta Idade Media: Un periodo de oscuridade
- Prev
- Seguinte >>