Proceso selectivo: peóns de servizos varios (PEL) 2022

O Concello de Boiro convoca un proceso selectivo para a confección dunha listaxe para a contratación laboral temporal de peóns de servizos varios mediante unha liña de axudas da Deputación da Coruña para a contratación de persoal para a execución de obras e servizos municipais nos concellos da provincia - Plan de emprego local (PEL). 

 

O sistema de acceso será mediante concurso-oposición libre. 

O BOP núm. 58 do 25 de marzo de 2022 publica as bases da convocatoria. 

Publicada a resolución provisional de persoas admitidas e excluídas (04/04/2022), que pode consultarse aqui

Publicada a resolución definitiva de persoas admitidas e excluídas (11/04/2022), que pode consultarse aqui

Publicadas as puntuacións provisionais das probas (21/04/2022), que poden consultarse aqui

Publicadas as puntuacións definitivas das probas (27/04/2022), que poden consultarse aqui

Publicada a listaxe de contratación de peóns de servizos varios (02/05/2022), que pode consultarse aqui

 

Prazo e presentación de solicitudes 

O prazo para a presentación de solicitudes estará aberto a partir do día seguinte ao da publicación da convocatoria e durante un prazo de CINCO días hábiles (ata o 01/04/2022). 

As instancias e documentación deben presentarse no Rexistro Xeral do Concello de Boiro, aberto de luns a venres en horario de 9.00 a 13.30 horas, ou mediante a sede electrónica. 

 

Requisitos das persoas candidatas 

- Ter a nacionaliade española ou algunha outra que permita o acceso ao emprego público. 

- Ter cumpridos os 16 anos e non exceder a idadade para a xubilación forzosa. 

- Non padecer enfermidade ou defecto físico ou psíquico que impida o desenvolvemento das funcións propias do traballo. 

- Non atoparse incurso en causas de incompatibilidade

- Non ter sido espedido/a mediante expediente disciplinario

- Estar en posesión de, como mínimo, 2ºESO ou equivalente. 

- Estar en situación de desemprego. 

Estar nalgunha das seguintes situacións de exclusión laboral: 

- Mulleres

- Maiores de 45 anos 

- Parados de longa duración 

- Persoas con discapacidade

- Persoas en situación de drogodependencia

- Persoas que vivan nun fogar onde ningunha teña emprego

- Persoas en fogar monoparental/ monomarental

- Persoas con problemas para encontrar emprego por cuestións de idioma ou socioculturais

- Persoas vítimas de violencia de xénero 

- Persoas sen fogar 

|