O Concello de Boiro pon en marcha unha nova edición do Programa Integrado de Emprego 2021-2022. Trátase dun programa formativo, subvencionado pola Consellería de Emprego e Igualdade da Xunta de Galicia mediante fondos finalistas transferidos polo Servizo Público de Emprego Estatal, dirixido a 100 mulleres desempregadas e inscritas como demandantes de emprego.
É o terceiro ano consecutivo que o Concello de Boiro desenvolve este programa, que ten como obxectivo ofrecer ás participantes accións formativas coa finalidade de lograr unha saída profesional adaptada aos seus obxectivos individuais. A duración do programa é de 12 meses e vaise desenvolver no Viveiro de Empresas e Centro de Formación situado en Espiñeira. O Programa Integrado de Emprego 2021-2022 conta con módulos formativos en hotelería e restauración; en administración e finanzas e en industria alimentaria, podendo escoller as asistentes o que mellor se adapte ás súas inquedanzas. Ademais da formación específica, o programa conta tamén con módulos transversais orientados á inserción laboral e mellora das habilidades necesarias para o emprego.
As persoas participantes recibirán unha bolsa de asistencia, consistente nunha axuda de 7 euros por día pola asistencia ás diferentes accións do programa. Para fomentar a conciliación e favorecer a participación no Programa vaise levar a cabo unha aposta polo uso das novas tecnoloxías combinando a formación presencial coa online para favorecer a conciliación laboral e familiar.
Información e inscricións
Inscrición como demandantes de emprego na Oficina de Emprego e solicitar a asignación do código 930.
Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
689 247 963
650 042 409
O Concello de Boiro vai contar para o curso 2021-2022 cun Obradoiro dual de Emprego en xestión forestal nomeado como Obradoiro de Emprego Xestión Forestal Torre Goiáns - Boiro e que se vai impartir entre os meses de outubro de 2021 e xullo de 2022.
A formación estará dividida en dúas especialidades:
- Actividades auxiliares en conservación e mellora de montes
- Repoboacións forestais e tratamentos silvícolas
O Obradoiro de Emprego Xestión forestal Torre Goiáns - Boiro vaise levar a cabo mediante o financiamento da Consellería de Emprego e Igualdade, ao abeiro das saxudas e subvencións para os obradoiros duais de emprego da Comunidade Autónoma de Galicia.
Alumnado traballador
Ofertánse un total de 20 prazas para o alumnado traballador, dividido nas dúas modalidades que se ofertan.
O alumnado traballador terá un contratrato de traballo para formación e aprendizaxe a tempo completo, de 40 horas semanais.
O horario será de 7.30 a 15.30 horas
Requisitos:
- Ter 18 anos
- Estar inscrito como demandante de emprego na Oficina de Emprego
- Solicitar "obradoiros de emprego" na Oficina de Emprego
Persoal docente
Para o desenvolvemento do obradoiro vaise realizar a contratación de persoal docente. Para a contratación deste persoal vaise abrir un prazo de convocatoria pública. O persoal que se vai contratar é o seguinte:
- 1 director/a (xornada completa que tamén fará funcións de mestre de formación en xestión empresarial)
- 1 mestre para a especialidade de actividades auxiliares en conservación e mellora de montes (a xornada completa)
- 1 mestre para a especialidade de repoboacións forestais e tratamentos silvícolas (a xornada completa).
- 1 titor/a docente ao 70% da xornada.
Máis información
Oficina de Orientación Laboral do Concello de Boiro
Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
981 84 26 09