Campaña de recollida de excrementos "Sempre que pasees o can recolle o que deixa no chan"

O Concello de Boiro realiza unha campaña de concienciación para a recollida dos excrementos de mascotas "Sempre que pasees o can, recolle o que deixa no chan".

Con esta campaña o Concello quere concienciar sobre a importancia de recoller os excrementos das mascotas xa que, a maioría dos axentes patóxenos dos animais elimínanse a través dos excrementos, o que supón unha das principais fontes de contaxio tanto ao resto de mascotas como á especie humana, sendo os rapaces os máis propensos a coller unha infección.

Unha rúa limpa é unha tarxeta de presentación dunha cidade. A presenza de excrementos na vía pública resta o esforzo municipal por manter as rúas limpas e ofende aos seus residentes que ven como o propietario insolidario da mascota enlixa o seu espazo público sen importarlle as molestias que ocasiona.

A ordenanza de convivencia e medio ambiente BOP num.181 do 23 de setembro do 2013, no artigo 7 expón "Ensuciar a vía pública como consecuencia da tenza de animais" ten aparellada unha multa que vai dente os 200 ata os 750 euros.

Para favorecer a recollida de excrementos colocáronse unha papeleiras especiais con dispensadores de bolsas para a recollida de excrementos. As papeleiras estarán colocadas nos accesos ao Parque da Cachada, na rúa peonil de Boiro (Estatuto de Galicia, Santos Mieites e Pablo Iglesias). 

 

mascotas

|