Curso de Monitorado de tempo libre Agosto 2024 | Concello de Boiro

O Concello de Boiro promove un curso de monitorado de tempo libre co obxectivo de fomentar a inserción laboral especialmente na mocidade. A formación vaise levar a cabo entre o 19 de agosto e o 29 de setembro de 2024. 

O programa do curso contempla áreas de traballo como son técnicas de acampada; educación ambiental; expresión artística; animación á lectura; socorrismo e primeiros auxilios; así como a dinámica de grupos, contextos de intervención no tempo libre ou diersidade e inclusión.

Este curso está dividido en dúas fases:

  • Formación teórica-práctica. Ten unha duración de 200 horas organizadas en 20 xornadas de 10 horas, correspondentesd polo xeral unha asignatura do plano de estudios.
  • Prácticas. Ten dúas modalidades,  unha sería 14 días de actividade intensa nunha actividades ao aire libre (campamentos colonias) en bloques non inferiores a 3 días ou 150 horas en actividades cunha entidade que trabelle no eido da educación no tempo libre.

REQUISITOS:

  • Ter 18 anos no momento de comezar o curso.
  • Estar en posesión dos estudos mínimo obrigatorios

INSCRICIÓNS:

Para desenvolver a actividade é necesario lograr un grupo mínimo de 20 persoas.

As incricións poden facerse xa de xeito presencial na Casa da Cultura de Boiro ou o teléfono 981 84 84 25.

 

Curso Aula CeMIT maio 2024 | Concello de Boiro

O Concello de Boiro ofrece novos cursos en novas tecnoloxías para o mes de maio a través da Aula CeMIT do Centro Social de Boiro.

Este mes impartiránse 4 formacións:

  • Do 6 ao 9 maio de 10 a 12 horas. Impresión 3D con Tinkercad.
  • Do 13 ao 16 de maio de 10 a 12 horas. Deseño 3D con Sketchup.
  • Do 20 ao 23 de maio de 10 a 12 horas. Deseño gráfico-vectoral con Inkscape.
  • Do 27 ao 30 de maio de 10 a 12 horas. Retoque de fotografías con GIMP.

 

Información e inscricións

Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

981 84 26 35

629 76 91 39

Semana Santa 2024 | Concello de Boiro

O Concello de Boiro colabora un ano máis coa Irmandade Cristo a Misericordia na programación dos actos da Semana Santa 2024. 

 

PROGRAMA:

Xoves 14 de marzo 
20.00h
- misa 
20.30h - presentación da Piedade 

Sábado 16 de marzo - Sábado de Lázaro 
20.30h
- lectura do pregón polo Sr. Arzobispo Don Franciso José e imposición das medallas aos novos cofrades. Bendición da Virxe da Piedade 

Mércores 20 de marzo 
20.00h
- Triduo á Virxe das Dores 

Xoves 21 de marzo 
20.00h
- Triduo á Virxe das Dores 

Venres 22 de marzo 
20.30h
- festividade das Dores, misa e procesión 

Domingo 24 de marzo - Domingo de Ramos 
11.00h
- saída da Igrea parroquial cara o Cruceiro de Bao 
11.30h - bendición de Ramos, procesión e misa solemne 

Mércores 27 de marzo - Mércores Santo 
22.30h
- procesión da Nosa Señora da Piedad

Xoves 28 de marzo - Xoves Santo 
20.30h
- misa da Cea de Cristo. Lavatorio. Hora Santa 
21.15h - procesión do Ecce Homo, Virxe da Amargura e Soledad

Venres 29 de marzo - Venres Santo 
19.30h
- celebración da Paixón de Cristo 
20.15h - desenclavo 
21.15h - procesión do Santo Enterro 

Sábado 30 de marzo - Sábado Santo 
21.00h
- solemne Vixilia Pascual 

Domingo 31 de marzo - Domingo de Pascua de Resurrección 
12.00h
- misa solemne de Pascua 

 

Cursos Aula CeMIT abril 2024 | Concello de Boiro

O Concello de Boiro programa novos cursos en novas tecnoloxías para o mes de febreiro a través da Aula CeMIT do Centro Social.

  • Informática, correo electrónico e Internet 
    do 8 ao 30 de abril en horario de 10.00 a 12.30 horas 

 

Información e inscricións 

Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. 

981 84 26 35

629 769 139

I Concurso de Carteis Escolares 'Somos Boiro' | Concello de Boiro

O Concello de Boiro e a Asociación Boirense de Empresarios impulsan, xunto cos centros de ensino do municipio, a I edición do Concurso de Carteis escolares “Somos Boiro”.

O obxectivo deste concurso de carteis é sensibilizar ao alumnado da importancia do sentimento local, do que implica a posta en valor da nosa contorna. Os carteis gañadores protagonizarán a campaña de potenciación do consumo local da ABE na primavera 2024. 

Bases dispoñibles AQUI

Categorías

  • Categoría A: entre os 3 e os 6 anos.
  • Categoría B: entre os 7 e os 9 anos.
  • Categoría C: entre os 10 e os 14 anos.
  • Categoría D: máis de 15 anos.

Presentación dos traballos 

Cada alumno/a poderá participar so cun cartel que terá que levar un lema en galego. 

Para a elaboración dos traballos facilitarase unha cartolina que a persoa participante deberá entregar cubrindo no reverso o seu nome e apelidos, o curso escolar, idade, o centro de procedencia e teléfono de contacto. 

O prazo de presentación de traballos iniciarase o luns 11 de marzo e finalizará o luns 1 de abril de 2024.

Os carteis deberán entregarse no propio centro educativo aos responsables de EDLG, na Casa da Cultura ou nas oficinas da ABE. 

Descargas:
Download this file (BASES.pdf)BASES.pdf
|