Pleno ordinario do 26 de outubro de 2021 | Concello de Boiro

O Pleno Ordinario do Concello de Boiro correspondente co mes de outubro terá lugar o vindeiro martes 26 de outubro de 2021 ás 20.00 horas no Salón de Plenos da Casa Consistorial de Boiro. A sesión retransmitirase en directo vís streaming e poderase seguir a través da canle de YouTube do Concello de Boiro

A sesión, que estaba prevista para o 21 de outubro, tivo que revocarse por dúbidas na notificación da convocatoria. 

A orde do día da sesión será a seguinte: 

  1. Aprobación inicial do ditame da modificación da ordenanza fiscal nº15 reguladora da taxa por ocupación de terreos de uso público local con mesas, cadeiras, tribunas, taboados, quioscos e outros elementos análogos con finalidade lucrativa.
  2. Aprobación do ditame do proxecto para a renovación dos vestiarios do polideportivo e piscina municipal de A Cachada e solicitude de subvención á Deputación provincial.
  3. Aprobación inicial do ditame do expediente de modificación de créditos nº14/2021 de aprobación de aprobación de varias facturas das OPAS 2020 por importe de 224.047,60 euros.
  4. Aprobación inicial do ditame do expediente de modificación de créditos nº28/2021 por importe de 25.000 euros financiado con remanente líquido de tesourería para gastos xerais do proxecto En(clave), proxecto integral de educación, igualdade e saúde.
  5. Aprobación inicial do ditame do expediente de modificación de créditos nº33/2021 financiado con remanente líquido de tesourería para gastos xerais para habilitar o crédito correspondente á aportación municipal no POS+ adicional 2/2021 por importe de 167.234,83 euros.
  6. Aprobación inicial do ditame do expediente de modificación de créditos nº34/2021, de crédito extraordinario por importe de 17.000 euros, financiado con remanente liquido de tesourería para gastos xerais para o subministro de 7 desfibriladores.
  7. Aprobación inicial do ditame do expediente de modificación de créditos nº 36/2021, de crédito extraordinario por importe de 276.199,91 euros financiado con remanente líquido de tesourería para gastos xerais destinado ao proxecto denominado “renovación dos vestiarios do polideportivo e piscina municipal de A Cachada”.
  8. Aprobación inicial do ditame do expediente de modificación de créditos nº37//2021, de crédito extraordinario financiado con remanente líquido de tesourería para gastos xerais para a integración das distintas vídeocámaras de seguridade nun único sistema cctv (circuíto pechado de televisión) por importe de 16.000 euros.
  9. Moción do grupo municipal do BNG sobre o anteproxecto de lei de mellora da xestión do ciclo da auga.
  10. Moción do grupo municipal do BNG sobre a presenza da opción en galego nos contidos televisivos.
|