26/2022. Técnico/a xardíns

O BOP núm. 238 do luns 19 de decembro de 2022 publica as bases xerais e específicas da convocatoria para a estabilización de emprego temporal da oferta de emprego público extraordinaria 2022 do Concello de Boiro. 

As bases específicas que rexerán a convocatoria do proceso selectivo para a provisión en propiedade dunha praza de técnico/a de xardíns persoal laboral fixo, poden consultarse aqui. 

Denominación: Técnico/a xardíns.

Clasificación: persoal laboral fixo. Subgrupo C1. Xornada completa. 

 

Publicada a relación provisional de persoas admitidas e excluídas (20/03/2023) que se pode consutar aqui

Publicada a relación definitiva de persoas admitidas e excluídas (17/04/2023), que se pode consultar aqui

Publicada a acta da sesión do tribunal (21/04/2023) que se pode consultar aqui

Publicada a acta da sesión do tribunal e proposta de contratación (12/05/2023), que se pode consultar aqui

 

Solicitudes

O prazo de presentación de solicitudes será de 20 días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación do estrato do anuncio no Boletín Oficial do Estado. 

O BOE núm. 311 do mércores 28 de decembro de 2022 publica a convocatoria. 

 

Requisitos específicos

Ademais dos establecidos nas bases xerais: 

- Estar en posesión do título de bacharel ou técnico. 

- Estar en posesión do nivel de CELGA 4 ou equivalente. 

|