Visitas Pazo de Goiáns - Nadal 2022 | Concello de Boiro

Pazo Nadal   O Concello de Boiro abre o Pazo de Goiáns durante o Nadal para poder realizar visitas ao seu interior e xardíns.

   O inmoble estará aberto durante o Nadal os días 28 e 30 de decembro e os días 3 e 5 de xaneiro en horario de 10.00 a 15.00 horas.

   As instalacións estarán abertas con posibilidade de realizar visitas libres ao seu interior e zonas axardinadas. Máis información sobre visitas     guiadas na Oficina de Turismo de Boiro.

|