Exposición: "Vida e obra de Francisco Fernández del Riego" - IES A Cachada | outubro 2023

A Casa da Cultura de Boiro acolle durante o mes de outubro a exposicion "Vida e obra de Francisco Fernández del Riego" realizada polo alumnado de plástica do IES A Cachada. 

A mostra está composta por diversos paneis que recollen aspectos importantes da vida do autor como o seu activismo político, a súa obra, a súa relación coa lingua galega ou a súa vinculación con Boiro a través da figura de Ramón Martínez López.

|