Peche temporal de actividades decembro 2020 | Concello de Boiro

RESOLUCION DA ALCALDIA

ASUNTO: MEDIDAS DE PREVENCION DE CONTAXIO POR COVID-19

O Concello Boiro acordou tomar unha serie de medidas preventivas para as instalacións e actividades que se realizan en dependencias municipais e/ou que dependen do Concello. Estas medidas terán entrada en vigor a partir do  día de hoxe, 3 de decembro de 2020, e estarán vixentes ata nova orde e a expensas da evolución do número de contaxios, por mor da declaración de nivel 3 e de especial vixilancia por parte das autoridades sanitarias.

RESOLVO:

PRIMEIRO.- Quedan canceladas temporalmente as seguintes actividades que se realizan en inmobles de titularidade municipal:

  1. Actividades deportivas de interior e exterior. Pistas deportivas e instalacións deportivas. Permítese unicamente a celebración de adestramentos e partidos da plantilla senior do clube “ ROTOGAL BOIRO VOLEIBOL” nas instalacións do Pavillón Deportivo da Cachada debido o control que exerce a súa competición sobre estes deportistas. Os partidos e adestramentos teranse que celebrar sen público e só co persoal necesario para a celebración dos mesmos.
  2. Actividades culturais e lúdicas.
  3. Xuntanzas de entidades, asociación e grupos individuais.
  4. Clases de ensino e aprendizaxe de costura, pintura, música ou outras de análoga natureza nas que interveña un grupo de xente e se celebren en inmobles de titularidade municipal.

SEGUNDO.- As cafeterías dos centros sociais deberán extremar as precaucións de limpeza-desinfección e distanciamento dos usuarios/as.

TERCEIRO.- Os vendedores e vendedoras da praza de abastos de Boiro (mercado municipal) deberán extremar as precaucións de distanciamento e limpeza-desinfección e recomendar á clientela a non sedentarización diante dos postos.

CUARTO.- As bibliotecas municipais (A Cachada e Escarabote) permanecerán abertas exclusivamente para préstamo e devolución de libros. Non se permitirá a estancia e aglomeración de persoas nestas instalacións.

QUINTO.- Procédese o peche do tódolos parques infantís no ámbito territorial municipal.

SEXTO.- As medidas sinaladas quedan condicionadas a calquera variación que determinen as autoridades sanitarias autonómicas ou estatais.

 

Decretase tamén o peche temporal do mercado semanal que se celebra os martes na Avenida da Constitución.  

|