Campamento tecnolóxico

O Concello de Boiro a través da Oficina Municipal de Información á Xuventude e a Aula CeMIT de Boiro, organiza o campamento tecnolóxico online para este verán. 

Persoas destinatarias

mocidade de 11 a 13 anos

Datas

do 6 ao 27 de xullo

10.00 a 11.00 horas

Contidos do campamento

- Edición de vídeo (obs estudio, openshot e inshot)

- Deseño de cartelería (Canva)

- Google Drive

- Classroom

Requisitos das persoas solicitantes: 

- Dispoñer de ordenador e concexión a Internet

- Navegador actualizado: Mozilla Firefox, Google Chrome, etc. 

- Micrófono ou auriculares con micrófono e webcam

- Dispoñer a persoa responsable lagal do/a menor cunha conta de correo electrónico de google

Presentación de solicitudes

As solicitudes deben entregarse no Rexistro Xeral do Concello, de luns a venres en horario de 9.00 a 13.30 horas, ou a través da Sede Electrónica.

O prazo de solicitude está aberto ata o 23 de xuño.

 

 

|