Campamento Concila de Verán - Boiro 2020
O Concello de Boiro abre o prazo de preinscrición do "Campamento Concilia de Verán - Boiro 2020".
O campamento de verán vai diferir dos de edicións anteriores, xa que as medidas de seguridade esixidas limitan o numero de prazas e a selección das persoas participantes se vai facer seguindo, exclusivamente, criterios de conciliación laboral.
Persoas destinatarias:
Nenos e nenas de entre 6 e 12 anos.
Horarios, prezos e datas:
Do seis de xullo ao 28 de agosto do 2020 (datas suxeitas a posibles modificacións)
Dúas modalidades horarias a escoller:
- 8.00 a 14.00 horas: 75 euros/mes (100 euros os dous meses)
- 9.30 a 13.30 horas: 50 euros/ mes (75 euros os dous meses)
Documentación a presentar:
- Impreso de preinscrición ANEXOS I, II, III, IV e V
- Certificado laboral de empresa das persoas que figuran no volante de empadroamento, onde se especifiquen horarios e períodos de vacacións
- Certificación expedida pola Axencia Tributaria (renda) das persoas da unidade familiar
- Impreso de consentimento informado asinado
- Valoracion de dependencia, certificado de discapacidade ou, no seu defecto, informe do seu facultativo médico en caso de vivir con persoas maiores de idade que non traballen e non poidan coidar dos cativos.
Lugar e prazo de inscrición:
No Rexistro Xeral do Concello de Boiro, en horario de luns a venres de 9.00 a 13.30 horas, ou a través da Sede Electrónica.
Ata o 23 de xuño de 2020