Enerxías renovables e térmicas - INEGA

O Concello de Boiro recibe unha subvención que conta co cofinanciamento da Xunta de Galicia a través do Instituto Enerxétigo de Galicia (INEGA) mediante o Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no programa operativo Feder-Galicia 2014-2020. 

O obxecto destas axudas é apoiar proxectos con fins de aforro enerxético e fomentar o uso racional das enerxías renovables coa instalación de elementos para xerar enerxía térmica mediante equipamentos que empreguen a bioamasa como combustible e outras instalación de enerxías renovables que empreguen como fonte de enerxía a xeotermia, a aerotermia e a solar térmica.

Con esta actuación está prevista a retirada da caldeira da gas existente antiga e de baixo rendemento para instalar un sistema de biomasa (pellets) de carga automática cun depósito de 2000 litros para a almacenaxe da enerxía que xera a caldeira.

O orzamento total deste proxecto é de 99.432,45 euros, para o que o Concello de Boiro recibe 79.546,37 euros (un 80%) mediante o Fondo Europeo de Desarrollo Regional no marco do programa operativo Feder-Galicia 2014-2020. 

 

 

INEGA

|