Actuacións en materia de biorresiduos de xestión municipal

O Concello de Boiro recibe da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivienda unha subvención para o financiamento de actuacións en materia de biorresiduos de xestión municipal, confinanciadas polo fondo europeo relativo ao Mecanismo de recuperación e resilencia da UE no marco do Plan de Recuperación, transformación e resiliencia financiado pola Unión Europea - NextGenerationUE. 

 

Publi bioresiduos

Adxudicación de equipos de emerxencias

O Concello de Boiro recibe de Vicepresidencia Segunda e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes unha subvención para a adxudicación de equipos de emerxencias. 

A finalidade destas subvencións é a adxudicación de equipos de emerxencias a concellos que conten con Agrupación de Voluntarios de Protección Civil como é o caso de Boiro. 

En concreto o Concello de Boiro recibe unha tenda de campaña para emerxencias e un desfibrilador externo, material que se empregará para a atención a emerxencias. 

 

publi subv emerxencias

Estratexias de desenvolvemento local participativo 2022 - GALP

O Concello de Boiro recibe unha subvención da Consellería do Mar para proxectos ao abeiro das estratexias de desenvolvemento local participartivo (EDLP), aprobadas aos grupos de acción local do sector pesqueiro para o desenvolvemento sustentable das zonas de pesca no marco do Fondo Europeo Marítimo e de Pesca 2014 - 2020. 

O proxecto está financiado pola Unión Europea a través do Fondo Marítimo de Pesca (FEMP). 

 

Mediante esta subvención, o Concello de Boiro levou a cabo o programa "Boiro libre de plásticos" co que se pretende a mellora da calidade ambiental da Ría de Arousa mediante a divulgación con accións formativas nas que se involucre a distintos actores relacionados co mar e ao alumnado do municipio.

Unha das accións levadas a cabo no marco deste programa foi a adquisición dunha máquina biorecicladora coa que o alumando dos centros de ensino do municipio puido coñecer como se crean obxectos para o uso cotiá a partirde refugallos de plástico.

Publi GALP

|