Proceso selectivo: Orientador/a laboral - PIE 2021/22
O Concello de Boiro convoca un proceso selectivo para a contratación e elaboración de bolsa de emprego dun/ha orientador/a laboral para o Programa Integrado de Emprego 2021/2022.
O BOP núm. 245 do 27 de decembro de 2021 publica as bases da convocatoria, que se poden descargar aqui.
O sistema de acceso será mediante concurso-oposición libre e a contratación formalizarase baixo a modalidade contractual laboral temporal por obra ou servizo.
Publicada a relación provisional de admitidos/as (07/01/2022), que pode consultarse aqui.
Publicada a relación definitiva de admitodos/as (13/01/2022), que pode consultarse aqui.
Publicados os resultados provisionais do 1º e 2º exame (20/01/2022), que pode consultarse aqui.
Publicados os resultados provisionais e proposta de contratación (26/01/2022), que pode consultarse aqui.
Pubicado o desempate e proposta de bolsa de emprego (01/02/2022), que pode consultarse aqui.
Publicada formación da bolsa de emprego (03/02/2022), que pode consultarse aqui.
Prazo e presentación de solicitudes
O prazo para a presentación de solicitudes será de 5 días hábiles a contrar dende o día seguinte ao da publicación das bases da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia.
Do 28/12/2021 ao 04/01/2022
Requisitos das persoas aspirantes
- Pertencer a calquera dos Estados asinantes do Tratado da Unión Europea ou ter permiso de traballo cunha duración mínima de 12 meses.
- Ter cumpridos os 16 anos.
- Non padecer enfermidade ou defecto físico ou psíquico que impida o desenvolvemento das funcións propias do posto de traballo.
- Non estar afectado por motivos de incompatibilidade.
- Estar en posesión da titulación universitario oficial de grao.