Concesión definitiva e xustificación das axudas do PEL Reactiva

O Concello de Boiro publica a concesión definitiva de axudas do PEL Reactiva 

Boiro, 1 de marzo de 2021

O Concello de Boiro publica a resolución definitiva das axudas do PEL Reactiva para autónomos e empresas que convoca gracias ao financiamento da Deputación Provincial da Coruña para axudar a combater a crise económica e social provocada pola Covid-19. Un total de 170 empresarios e autónomos serán beneficiarios destas axudas, que ascenden a un total de 334.000,00 euros.

As axudas están destinadas a empresarios/as, con ou sen traballadores/as ao seu cargo, e microempresas, sexa cal sexa a súa forma xurídica, e están encadradas en tres grupos. O grupo 1, para micromepresas e autónomos que se visen afectados polo peche do estado de alarma, no que en Boiro hai 151 beneficiarios e se concede un importe total de 297.500 euros. O grupo 2, para aquelas que non se visen afectadas polo peche pero que a súa facturación no segundo trimestre se vise reducida un 75%, no que hai 14 concesións dun importe total de 24.000 euros. O grupo 3, para aquelas que se visen na obriga de acollerse a un ERTE, no que hai 5 beneficiarios cun importe total de 12.500 euros.  

Os autónomos e empresas beneficiadas poden, con este importe, comprar material antiséptico, produtos hixiénicos e de limpeza; sufragar gastos de arrendamento e canon, como maquinaria, vehículos, locais ou instalacións; gastos de reparación e conservación ou adaptación de locais ás medidas de protección fronte á Covid-19; primas de seguros ou subministracións.

As solicitudes presentadas foron puntuadas segundo os criterios establecidos nas bases, iguais para todos os Concellos da provincia, e que teñen en conta o tipo de empresa, a súa forma xurídica, o número de mulleres, persoas discapacitadas ou menores de 30 anos contratados; ou o uso da lingua galega. A listaxe definitiva de concesións das axudas está publicada na web municipal

Publicación no BOP Núm. 34 do luns 22 de febreiro de 2021

Descarga a adxudicación definitiva de axudas aqui.

Podes descargar os modelos de xustificación nesta páxina. Máis información na páxina web da Deputación Provincial da Coruña (https://emprego.dacoruna.gal/lineas/lina-5-pel-reactiva

 

|