Pleno ordinario do 9 de febreiro de 2022 | Concello de Boiro

O Concello de Boiro celebra este mércores día 9 o Pleno Ordinario correspondente ao mes de febreiro. A sesión será ás 20.00 horas e poderá seguirse en directo a través da canle de YouTube do Concello de Boiro.

Orde do día:

  1. Aprobación, se procede, do ditame relativo á proposta para a participación no Plan Provincial de Cooperación ás obras e servizos de competencia municipal (Plan Único Concellos) POS+ 2022.
  2. Aprobación, se procede, do ditame relativo á proposta para a participación no POS+ adicional 1/2022 para o financiamento de gastos sociais extraordinarios.
  3. Aprobación, se procede, do ditame relativo á proposta para a adopción dun novo método para a confección e subida de actas aos expediente municipais en formato de audio e/ou vídeo.
  4. Moción do grupo municipal BNG sobre o Día de Rosalía de Castro.
|