Dá comenzo o Obradoiro de Emprego Hostalería Boiro III

O Obradoiro de Emprego Hostalería Boiro III é un programa mixto de emprego e formación dirixido a mellorar a empregabilidade, a cualificación e a inserción profesional dos mozos e mozas incluídos no ficheiro do Sistema nacional de garantía xuvenil.

O programa ten unha duración de 6 meses durante os cales se impartín 2 certificados de profesionalidade, “Operacións básicas de cociña” e “Operacións básicas de restaurante e bar”.

O Proxecto está cofinanciado pola Consellería de Economía, Emprego e Industria e o Fondo Social Europeo

|