Contacontos e manualidades nos Centros Sociais de Cabo de Cruz Escarabote

O Centros Sociais de Cabo de Cruz e Escarabote acollen, durante o mes de maio, unha serie de contacontos e manualidades para os máis cativos. As actividades están indicadas para nenos e nenas entre os 4 e os 7 anos e consisten en sesións de contacontos infantís e manualidades sobre as lecturas.

Centro Social de Cabo de Cruz

Martes 11, 18 e 25 de maio, ás 17.00 horas

Biblioteca do Centro Social de Escarabote

Xoves 6, 13, 20 e 27 de maio, ás 17.30 horas

 

As prazas son limitadas e as inscricións poden facerse no Centro Social de Cabo de Cruz (Tel. 981 84 78 59) e na Biblioteca do Centro Social de Escarabote (Tel. 981 84 99 50).

|