Campamanto de Nadal 2022 | Concello de Boiro

O Concello de Boiro, mediante as Concellerías de Cultura e Educación, desenvolve durante o Nadal un campamento de conciliación con actividades, saídas culturaism teatro e xogos para nenos e nenas escolarizados e empadroados no municipio de entre 3 e 12 anos. 

Publicada a listaxe provisional de persoas admitidas, que se pode consultar aqui

Prazo de alegacións ata o 16/12/2022

 

Datas: 23, 26, 27, 28, 29 e 30 de decembro de 2022 e os días 2, 3, 4 e 5 de xaneiro de 2023.

Horario: de 8.00 a 14.00 horas ou de 9.00 a 14.00 horas (un a escoller). 

Prezo: 50 euros por neno/a (descontos do 50% para dous ou mais irmáns e do 80% para persoas de exclusión social).  

 

Bases do campamento. 

Modelo de instancia. 

Pasos para realizar a autoliquidación. 

 

Inscricións 

Do 21 de novembro ao 9 de decembro no Rexistro Xeral do Concello de Boiro (aberto de luns a venres de 9.00 a 13.30 horas) ou na sede electrónica. 

 

Información

Casa da Cultura de Boiro

Centro Social de Cabo de Cruz 

 

|