Pleno ordinario do 10 de novembro de 2022 | Concello de Boiro

O Concello de Boiro celebra este xoves día 10 ás 20.00 horas o Pleno ordinario correspondente ao mes de novembro. 

A sesión poderase seguir en directo a través da canle de YouTube do Concello de Boiro

 

Orde do día da sesión: 

  1. Aprobación, se procede, da Conta Xeral do exercicio 2021.
  2. Resolución de alegacións e aprobación definitiva, se procede, do crédito extraordinario 6/2022.
  3. Resolución de alegacións e aprobación definitiva, se procede, do crédito extraordinario nº1182022 e modificación das bases de execución do orzamento nº3/2022.
  4. Aprobación inicial, se procede, do ditame do anteproxecto da ordenanza de emerxencia social municipal do Concello de Boiro.
  5. Moción do grupo municipal do BNG en relación coa celebración o día 25 de novembro do Día Internacional da Eliminación da Violencia Machista.
  6. Moción do grupo municipal do PSdeG-PSOE con motivo do 25 de novembro, dia internacional da eliminación da violencia contra a muller.
  7. Moción do grupo municipal do PSdeG-PSOE de instar á Xunta de Galicia para que cumpra o Pacto Local e incremente a contía do FCL.
|