Pleno ordinario do 22 de setembro de 2022 | Concello de Boiro

O Concello de Boiro celebra este xoves 22 de setembro ás 20.00 horas no Salón de Plenos da Casa Consistorial o Pleno Ordinario correspondente ao mes de setembro de 2022.

A sesión poderase seguir en directo a través da canle de YouTube do Concello de Boiro, dispoñible AQUI

Orde do día:

  1. Aprobación definitiva, se procede, do suplemento de crédito 1/2022. Comercio: proxectos complexos.
  2. Aprobación, se procede, do proxecto de reforma do mercado de abastos de Boiro.
  3. Aprobación inicial, se procede, do crédito extraordinario 5/2022. Proxectos culturais e educativos.
  4. Aprobación inicial, se procede do crédito extraordinario 6/2022. 5 actuacións.
  5. Aprobación inicial, se procede, do crédito extraordinario 7/2022. Mellora da eficiencia enerxética e a accesibilidade do edificio das Colonias.
  6. Aprobación inicial, se procede, do crédito extraordinario 8/2022. Infraestruturas deportivas en colexios.
  7. Aprobación inicial, se procede, do crédito extraordinario 9/2022. Dotación zona verde en “A Negral”.
  8. Aprobación inicial, se procede, do crédito extraordinario 10/2022. Abastecemento municipal de auga.
  9. Aprobación inicial, se procede, do crédito extraordinario 11/2022 e modificación das bases de execución do orzamento 3/2022 (subvencións nominativas).
  10. Designación de festivos locais para o ano 2023.
  11. Solicitude de participación no POS+ Adicional e aprobación do proxecto para a ampliación de salas de fitness no complexo deportivo da Cachada.
  12. Aprobación, se procede, do “Proxecto de dinamización do espazo coworking do Concello de Boiro – Lab Barbanza 22.0”, e solicitude de subvención á Deputación.
  13. Aprobación inicial, se procede, do anteproxecto de ordenanza municipal reguladora do estacionamento e pernoita de autocaravanas, vehículos camper e caravanas no concello de Boiro.
  14. Aprobación inicial, se procede, do anteproxecto de Ordenanza de circulación do Concello de Boiro.

 

|