Pleno ordinario do 28 de abril de 2022 | Concello de Boiro

O Concello de Boiro celebra o próximo xoves día 28 o Pleno Ordinario correspondente ao mes de abril.

A sesión será ás 20.00 horas no Salón de Plenos da Casa Consistorial e poderase seguir en directo vía streaming a través da canle de YouTube do Concello de Boiro.

A orde do día da sesión será a seguinte:

  1. Aprobación da acta da sesión anterior.
  2. Aprobación, se procede, da Declaración institucional do Concello de Boiro en relación co naufraxio do buque “Villa de Pitanxo”.
  3. Aprobación inicial, se procede, do ditame da Ordenanza fiscal reguladora da taxa por aproveitamentos especiais da vía pública con caixeiros automáticos e outros elementos análogos aos edificios e con acceso directo dende a vía pública.
  4. Aprobación, se procede, sobre a baixa no inventario municipal de bens do Concello de Boiro, en cumprimento senteza 00655/2020 ditada pola sección 2ª da Sala do Contencioso- administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.
  5. Aprobación, se procede, do ditame do Regulamento de honras e distincións do corpo da Policía Local e emerxencias.
  6. Aprobación, se procede, da moción do grupo municipal do BNG sobre o acondicionamento e arranxo do lavadoiro de San.
  7. Aprobación, se procede, da moción do grupo municipal do BNG sobre actuacións a impulsar polos gobernos galego e central para mitigar o impacto do medre disparado da inflación na sociedade e economía galegas.
  8. Aprobación, se procede, da moción do grupo municipal do BNG de apoio ao pobo saharaui.
  9. Aprobación, se procede, da moción de IC Boiro sobre o mantemento do sendeiro do río Breiro.
  10. Aprobación, se procede, da moción de Boiro Novo, para a adhesión do Concello de Boiro á rede de cidades pola bicicleta.
|