Pleno Ordinario setembro do Concello de Boiro

Boiro, 8 de setembro de 2020

O Concello de Boiro celebra o vindeiro xoves día 10/09/2020 o Pleno Ordinario correspondente ao mes de setembro.

A sesión vaise realizar no Salón de Plenos da Casa Consistorial de Boiro ás 20.00 horas.

A orde do día da sesión vai ser a seguinte:

  1. Aprobación da acta da sesión anterior.
  2. Aprobación da modificación das bases de execución do orzamento para determinar as subvencións nominativas de 2020 e aprobación do expediente de modificación de créditos numero 18/2020-01 de créditos extraordinarios financiado con remanente de tesouraría.
  3. Aprobación inicial do expediente de modificación de créditos numero 17/2020-01 de suplemento de crédito.
  4. Aprobación inicial do expediente de modificación de créditos numero 19/2020-01 de transferencias de créditos entre distintas areas de gasto.
  5. Aprobación inicial do expediente de modificación da ordenanza para instalación de terrazas no Concello de Boiro.
  6. Aprobación inicial da ordenanza de circulación do Concello de Boiro.
  7. Aprobación inicial da modificación do regulamento do Consello Escolar Municipal.
  8. Aprobación do convenio de colaboración entre o Ministerio del Interior, a través da Secretaria General de Instituciones Penitenciarias, e o Concello de Boiro para o cumprimento de penas de traballo en beneficio da comunidade (TBC).
  1. Moción do grupo municipal do Partido Popular para instar ao Goberno de España a non apropiarse dos recursos das entidades locais.
  2. Moción do grupo municipal do Bloque Nacionalista Galego sobre a Lei de Memoria Histórica.
  3. Moción do grupo municipal do Bloque Nacionalista Galego sobre o protocolo de adaptación ao contexto da Covid-19 nos centros de ensino para o curso escolar 2020-21.
  4. Moción do grupo municipal de IC Boiro / Grupo Mixto para a substitución de tubarias en mal estado con amianto.

A sesión plenaria poderá seguirse en directo a través da canle de YouTube do Concello de Boiro.

Descarga a orde do dia completa aqui.

 

|