Dispositivo especial de seguridade - partido Copa do Rei no Campo Municipal de Barraña | 1 de novembro de 2023

O mércores 1 de novembro ás 18.30 horas terá lugar no Campo Municipal de Barraña o encontro da Copa do Rei entre o CD Boiro e o RCD Mallorca. A Xunta de Seguridade determinou o dispositivo especial que se levará a cabo durante a tarde para garantir o correcto desenvolvemento do partido.


Policía Local, Protección Civil, Garda Civil e seguridade privada velarán polo correcto desenvolvemento do encontro e seguridade das persoas asistentes tanto nos accesos ao estadio como durante o partido. Non estará permitido o acceso ás instalacións con bebidas, bengalas ou armas de calquera tipo.


En canto ás recomendacións de circulación nas inmediacións do campo, estará cortado o tráfico na Avenida de Barraña entre a rúa numero 11 (cruce Casa Dora) e a rúaTraballadoras do Mar entre as 15.00 e as 22.00 horas, polo que o tráfico a Cabo de Cruz será desviado polo Saltiño e o Seán. Do mesmo xeito, non se poderá estacionar na zona acotada nas inmediacións do campo, que estará libre exclusivamente para vehículos autorizados e o tránsito de persoas a pé que accedan ao estadio. Dende o Concello de Boiro recomendase o estacionamento na Av. Avellaneda, rúa Empresario Jesús Alonso e inmediacións destas e acceso andando ao estadio.

O público no Campo Municipal de Barraña estará dividido en tres zonas diferenciadas, con portas de acceso distintas para cada unha. A apertura de portas está prevista ás 16.45 horas e dende o Club aconsellan revisar a porta de acceso indicada nas entradas para facilitar os accesos ao estadio.

|