Dia de Rosalía 2023 | Concello de Boiro

A Concellería de Cultura do Concello de Boiro programa actividades para conmemorar o Día de Rosalía.

 

Xoves 23 de febreiro, 20.00h - Centro Social de Boiro 

Mesa redonda e lectura de poemas con escritoras boirenses na que participan Ana Lojo, Etna W. Crush e Anxos Castro Parada. 

 

Venres 24 de febreiro, 18.00h - Casa da Cultura de Boiro 

Obradoiros para rapazada de 6 a 10 anos: contacontos, obradoiro de marcapáxinas e 'acrósticos'. 

*prazas limitadas. Inscricións na Biblioteca Municipal de Boiro ou no 981 84 84 10. 

 

Venres 24 de febreiro, 20.00 horas - Pazo de Goiáns 

Espectáculo teatralizado "Que pasa arredor de min?" de Os Quinquilláns 

Presentación do libro "Enser" de Marcos Lorenzo. 

 

Sábado 1 de abril - ruta rosaliana (visita guiada teatralizada)

09.00h - saída de Boiro 
09.45h - visita ao Banquete de Conxo
11.00h - Panteón dos Galegos Ilustres 
12.30h - visita exterior á casa de Rosalía de Ortoño 
13.30h - percorrido libre por Padrón
14.15h - comida grupal 
16.30h - visita Fundación Casa Rosalía de Castro 
18.30h - visita viñedos 

Prezo por persoa: 45 euros (inclúe todo o itinerario e a comida).
Pago da reserva: 15 euros 

Reservas na Casa da Cultura de Boiro, Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo. ou no 981 84 84 25. 

 

 

 

|