Concurso de Entroido 2023 | Concello de Boiro

O Concello de Boiro convoca un ano máis o tradicional concurso de disfraces e carrozas no marco da programación do Entroido 2023.

O BOP núm. 22 do mércores 1 de febreiro de 2023 publica a convocatoria do concurso, as bases poden consultarse aqui

O concurso terá lugar o martes 21 de febreiro de 2023 ás 18.00 horas na Praza de Galicia

 

Participantes 

Poderán inscribirse todas as asociacións, comunidades, grupos culturais, veciñais ou persoas que o desexen. 

Os inscritos neste concurso están obrigados a formar parte do desfile que comezará ás 18.00 horas na Praza de Galicia.

Modalidades do concurso: 

- Individual/parellas (maiores de 13 anos).

- Grupos (polo menos tres participantes maiores de 13 anos cunha temática común).

- Carrozas (platadorma ou varias debidamente adornadas acorde á temática do grupo. Mínimo de catro persoas).

 

Inscricións 

Deben formalizarse antes do xoves 16 de febreiro ás 13.00 horas no Centro Social de Escarabote, o teléfono 981 84 99 50 ou o enderezo electrónico Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo. 

No mesmo día do desfile entre as 16.30 e as 17.30 horas na Praza de Galicia. 

 

Documentación a presentar

- Instancia (descargable nesta páxina).

- Declaración responsable de non estar afectado/a por supostos de incapacidade ou incompatibilidade para a percepción de axudas ou subvencións públicas.

 

 

|