Mercado de Nadal "Factoría das Raíñas"

O Concello de Boiro, a través da área de Cultura, coa colaboración de A Gata Moscovita, organizan unha nova edición do mercado de Nadal "Factoría das Raíñas". 

A actividade vaise levar a cabo os días 3 e 4 de xaneiro, en horario de 11.00 a 14.30 horas e de 17.00 a 21.30 horas na carpa situada na praza de A Boqueira de A Negral. 

O mercado contará con preto dunha vintena de postos de artesanía e gastronomía e tamén con obradoiros e actividades. 

 

POSTOS ARTESANÍA 

Naturalmente Lydia - Productos naturais 

Nené Son - xoiería

Estilo Puratití - complementos 

Paseloquepase - bixutería 

Juan Fuente - vidro 

Planeta Ecco - produtos naturais 

Mahene artesanía - pulseiras, bolsas, ilustración 

Npulsérate - bixutería 

Camiño circular - ilustración, marcos, galletas artesanais 

Cromosomosx - Asociación 

A Mariñeta - bolsos, bufandas

Arco da Vella - xoiería 

Arteviares - vidro 

Melena de papel - bolsos de papel 

 

POSTOS GASTRONOMÍA

Cousiñas doces - Gofres e crepes 

Cervexas Meiga - cervexa artesanal 

Callejeros - pinchos

|