Medidas prevención Cemiterio Municipal

Medidas de prevención específicas da infección polo virus SARS-CoV-2 nos cemiterio da Comunidade Autónoma de galicai ante a festividade de Todos os Santos e Defuntos. 

 

O Cemiterio Municipal de Boiro (Vista Alegre) amplia o horario de apertura para evitar as aglomeracións. O venres 30, sábado 31 e domingo día 1 estará aberto en horario de 8:30 a 22:30 horas

A estancia máxima nas instalacións será de 30 minutos.

Os grupos máximos permitidos son de 4 persoas

A capacidade máxima do cemiterio é de 100 persoas

 

Estan abertas as dúas entradas do cemiterio. O acceso principal, pola parte norte, e o acceso sur, recentemente pavimentado o camiño de acceso e acondicionado un amplo espazo de aparcamento. Rógase a todas as persoas usuarias das instalacións que empreguen o acceso máis proximo aos seus respectivos nichos. 

 

Lémbrase do uso obrigaorio de máscara de protección, sigan unha correcta hixiene de mans, respecten a distancia interpersoal e eviten as aglomeracións. 

Podese cosultar o protocolo completo na seguinte ligazón: 

https://coronavirus.sergas.gal/Contidos/Documents/558/Prevencion_cemiterios_Galicia.pdf

 

10 28 cemiterios Covid 19

|