A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade supervisou hoxe o remate das obras de mellora do colector do río Breiro, que se enmarca no Plan de Saneamento Local da Ría de Arousa, no marco do cal a Xunta leva investido no municipio 6 millóns de euros

ETHEL VÁZQUEZ SALIENTA O INVESTIMENTO DE PRETO DE 2 MILLÓNS DE EUROS NA OPTIMIZACIÓN DO SISTEMA DE DEPURACIÓN DA REDE DE SANEAMENTO DE BOIRO, NUNHA ACTUACIÓN SOSTIBLE, EFICIENTE E INTEGRADA  NO TERRITORIO

  • Vázquez Mourelle subliña a singularidade desta intervención de referencia en Galicia, sendo a primeira na que se aplican técnicas de drenaxe urbano sostible que aproveitan e poñen en valor todo o espazo da contorna
  • A intervención resolve as disfuncións que presentaba a rede de recollida de augas fecais e pluviais separando as dúas redes, renovando o colector do río Breiro
  • Tamén se executaron novos colectores de augas pluviais e actuación complementarias no leito do río e a ampliación do paso das augas baixo a estrada, para paliar o problema das inundacións
  • Esta intervención aproveitouse para integrar na paisaxe a infraestrutura de saneamento, creando un espazo verde para os veciños e visitantes, dotado dunha senda peonil de preto de 1 quilómetro ata a praia de Barraña​
|