Boiro Emerxe

O Concello de Boiro, a través da área de mocidade, organiza un faladoido de conversas inspiradoras coa mocidade do municipio e que teñen como obxectivo dar a coñecer o potencial creativo da mocidade boirense. 

A actividade está organizada pola OMIX e vai ter lugar o vindeiro venres 16 de abril ás 20.00 horas no espazo Leñaverde do Centro Social de Boiro. A capacidade está limitada a 30 persoas, polo que se require inscrición previa a través do enderezo electrónico Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo.

Na xornada van presentar os seus proxectos e realizar unha mesa de debate as persoas promotoras de cinco iniciativas emprendedoras do municipio: 

- Charo Lopes, escritora e fotografa.

- Triángulo de Amor Bizarro, grupo profesional de música alternativa que opera a nivel mundial. 

- Comoxo organics, proxecto de produción primaria no rural. 

- Ola Xon Mario, youtubeiro

- Charlatana, cooperativa galega de artistas 

 

Convocatoria - Autoformación, Codix 2021

O Concello de Boiro, a través da Aula CeMIT, oferta formación e avaliación dos contidos formativos que compoñen Plan formativo ofimático de Galicia. 

O DOG núm. 57 do xoves 25 de marzo publica a resolución pola que se convocan probas de avaliación de carácter libre para a obtención da certificación galega de competencias dixitais en ofimatica. 

Poden participar nestas probas todas aquelas persoas maiores de 16 anos inscritas como usuarias na rede CeMIT. 

En Boiro as probas vanse realizar o xoves 6 de maio ás 10.00 horas. O numero de prazas que se convocan é de 10. 

Solicitudes de participación 

As persoas que desexen participar deben inscribirse a través da páxina web da CeMIT (https://cemit.xunta.gal/). 

O prazo de inscrición é de 7 dias naturais a contar dende o día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG. 

 

Cursos Aula CeMIT - abril 2021

A Aula CeMIT do Concello de Boiro amplía a súa oferta formativa con novos cursos en modalidade presencial e online que se van impartir no mes de abril. 

 

Xornadas formativas

- Inkscape (modalidade online) 

5, 6, 7, 8 de abril, de 10.00 a 12.00 horas.

- Inicio a informática-Internet (modalidade presencial) 

do 5 ao 29 de abril, en horario ainda por determinar.

- Deseño 3D con SketschUp (modalidade online) 

do 19 ao 29 de abril, de 10.00 a 12.00 horas. 

 

Máis información e inscricións

Aula CeMIT do Centro Social de Boiro

ederezo electrónico: Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo. 

teléfono: 981 842 635

whatsapp: 629 769 139 

Resolución do certame fotográfico de entroido 2021

Gañadores/as 

- Categoría infantil

1º Premio. Gepetto e Pinocho - Izan e Enzo Nieto

2º Premio. A cocción do marisco - Alejandro e Daniela Freire

3º Premio. Moendo no muíño - Manuel e Pablo Torrado

Accésit: Peliqueiro de Laza - Ainhoa Queiruga

Accésit: Zapatones, o peregrino máis coñecido de Santiago - Nahiara Moure 

Accésit: La muerte de Marat - Nicolás Leiras

Accésit: Tratante de gando - Nerea Lorenzo

Accésit: Amedio - Marcos Fernández 

 

- Categoría xuvenil/adulta

1º Premio. Jlobo. Chegamos a todos lados - Natalia Presa

2º Premo. Los jugadores de cartas de Cezanne - Mateo e Diego Pita

3º Premio. A cesárea da porca - Carlos Torrado

Accésit: O meu xeito - Rosa Saavedra

Accésit: El principe Baltasar Carlos de Velázquez - Isabel Pita

Accésit: Indo para o enterro do óso - Carmen Sancio

Accésit: El entierro del Covid - Carmen Sancio

Accésit: Niño con perro - Carmen Pita 

 

A entregas dos vales de compra ás persoas gañadoras vaise realizar o vindeiro sábado 20 de marzo ás 12.00 horas na Casa da Cultura de Boiro. 

(Os vales poderanse recoller calquera outro dia na Casa da Cultura de Boiro, de luns a venres en horario de 9.00 a 14.00 horas) 

 

Sorteo participación

Vendedora do rural - Sandra H. 

 

O premio de participación, agraciado cun vale de compra cedido pola Asociación Boirense de Empresarios pode recollerse na sede da ABE, aberto de luns a venres en horario de 

 

Oportunidades de emprego no rural galego

O Concello de Boiro acolle a xornada "Oportunidades de emprego no rural galego" organizada pola asociación Deloa. 

A xornada será o vindeiro venres 12 de marzo, ás 18.00 horas, no Espazo Leñaverde do Centro Social de Boiro. 

O número máximo de prazas será de 30. As inscricións poden facerse na seguinte ligazón: https://www.deloa.es/xornada-oportunidades-de-emprego-no-rural-galego-gal/ 

 

PROGRAMA

18.00h - Presentación 

José Ramón Romero García, alcalde do Concello de Boiro. 

Francisca Gago Guillán, Asociación de Desarollo Local Deloa. 

18.10h - Experiencias prácticas no sector agroalimentario

Ovidio Queiruga, Comunidade de montes de Baroña. Impulsando un aproveitamento multifuncional do monte, onde os rendementos desta masa forestal vaian máis aló da madeira. 

Carlos Malvido, A Meixoeira. Cooperativa do Morrazo dedicada á elaboración de quixos e iogures artesás feitos con leite de cabra. 

Jose Santiso, O Fogar do Santiso. Un proxecto de gastronomñia responsable baseado nun modelo de economía circular 360º. 

19.15h - Presentación do novo taller emprégate en verde dirixido á mocidade en desemprego

Sabrina Lamas. Técnica de emprego xuvenil da Fundación Paideia Galiza. 

19.30h - Taller práctico Cultigar 

Margarita Fraga Ares. Directora técnica do Laboratorio de Biotecnoloxía Vexetal Cultigar. 

20.15h - Peche 

 

A xornada contará coa actuación musical do grupo "Os Monifates" 

O moderador da xornada vai ser Manuel Cruz Rodríguez, xornalista e director dos programas "O Agro" e "Labranza" da Televisión de Galicia. 

 

|