Pleno extraordinario e urxente do 26 de febreiro de 2023 | Concello de Boiro

O Concello de Boiro convoca un Pleno extraordinario e urxente con motivo do falecemento do exalcalde de Boiro, D. Francisco López Silva, que terá lugar este domingo 26 de febreiro de 2023 ás 12.00 horas no Salón de Plenos da Casa Consistorial de Boiro. 

Orde do día: 

1. Pronunciamento sobre a urxencia da sesión. 

2. Mostra de condolencia, recoñecemento e respecto con motivo do falecemento de D. Francisco López Silva, exalcalde do Concello de Boiro. 

 

Con motivo do pasamento, o Concello de Boiro convoca tres días de loito oficial, entre as 00.00h do 26 de febreiro e ata as 24h do 28 de febreiro. 

 

Pleno ordinario do 9 de febreiro de 2023 | Concello de Boiro

O Concello de Boiro celebra o xoves día 9 ás 20.00 horas o Pleno ordinario correspondente ao mes de febreiro. 

A sesión poderse seguir en directo a través da canle de YouTube do Concello. 

Orde do día: 

  1. Aprobación, se procede, do ditame da solicitude de participar no Plan provincial de cooperación ás obras e servizos de competencia municipal (Plan Único de Concellos) “POS+ 2023” da Deputación da Coruña, así como os proxectos incluídos.
  2. Aprobación, se procede, do ditame da solicitude de participación no Plan provincial de cooperación ás obras e servizos de competencia municipal (Plan Único de Concellos) “POS+ Adicional 1/2023” da Deputación da Coruña para o financiamento de gastos sociais extraordinarios. 

Pleno ordinario do 15 de decembro de 2022 | Concello de Boiro

O Concello de Boiro celebra este xoves día 15 o Pleno ordinario correspondente ao mes de decembro. 

A sesión poderase seguir en directo a través da canle de YouTube do Concello de Boiro. 

Orde do día: 

  1. Moción do grupo municipal do PP en relación coa provisión de prazas no hospital comarcal da Barbanza.
  2. Moción do grupo municipal do BNG en relación coa policía local.
  3. Moción do grupo municipal do PSdeG-PSOE para instar á Xunta de Galicia a arranxar a problemática das traballadoras do consorcio galego de servizos de igualdade e benestar.

Pleno ordinario do 26 de xaneiro de 2023 | Concello de Boiro

O Concello de Boiro celebra o vindeiro xoves día 26 o Pleno ordinario correspondente ao mes de xaneiro. 

A sesión poderase seguir en directo a través da canle de YouTube do Concello de Boiro AQUI

Orde do día: 

  1. Aprobación inicial, se procede, do ditame do Plan Forestal Municipal do Concello de Boiro.
  2. Aprobación, se procede, do ditame de proxectos e solicitude de subvencións en base á orde do código de procedemento IN519B.
  3. Moción de IC Boiro en relación ca instalación de puntos de recarga nos parkings do Concello de Boiro.

Pleno extraordinario e urxente do 17 de novembro de 2022 | Concello de Boiro

O Concello de Boiro celebra este xoves día 17 de novembro de 2022 ás 20.00 horas un Pleno extraordinario e urxente. 

A sesión poderase seguir en directo AQUI mediante a canle de YouTube

Orde do día: 

  1. Pronunciamento sobre a urxencia.
  2. Resolución de alegacións e aprobación definitiva, se procede, do expediente de suplemento de crédito 2/2022.
|