Proceso selectivo: oficial do servizo de emerxencias municipal

O Concello de Boiro convoca un proceso selectivo para a confección dunha bolsa de emprego de oficiais do servizo de emerxencias municipal (subgrupo C2). 

O sistema de acceso será mediante concurso-oposición libre e os contratos de traballo formalizaranse baixo a modalidade contractual laboral temporal que se considere axeitada para o caso de substitucións, ausencias e/ou reforzos. 

O BOP núm. 238 do luns 19 de decembro de 2022 publica as bases da convocatoria, que se poden consultar aqui

Publicada a relación provisional de presoas admitidas e excluídas (28/12/2022), que se pode consultar aqui

Publicada a relación definitiva de persoas admitidas e excluídas (11/01/2023), que se pode consultar aqui

Publicada a corrección de erros do listado definitivo (13/01/2023), que se pode consultar aqui

Publicadas as puntuacións provisionais (18/01/2023), que se poden consultar aqui

O prazo de alegacións é de dous días hábiles a contar dende a publicación. 

 

Requisitos das persoas candidatas

- Ter a nacionalidade española ou algunha outra que permita o acceso ao emprego público. 

- Ter cumpridos os 16 anos.

- Posuír a capacidade funcional para o desempeño das tarefas propias do posto. 

- Non atoparse incurso en causas de incompatibilidade ou incapacidade. 

- Non ser despedido mediante expediente disciplinario do servizo de ningunha administración pública. 

- Estar en posesión do título de graduado en educación secundaria obrigatoria, graduado escolar ou equivalentes. 

- Estar en posesión do permiso de conducir tipo C. 

- Certificado médico/ informe de saúde no que se faga constar expresamente que o aspirante reúne as condicións físicas e sanitarias para a realización dos exercicios físicos que se especifican na fase de oposición. 

 

|