Proceso selectivo: Axente de Emprego e Desenvolvemento Local

O Concello de Boiro convoca un proceso selectivo para a confección dunha bolsa de emprego de Axentes de Emprego e Desenvolvemento Local.

O sistema de acceso será mediante concurso-oposición libre e os contratos de traballo formalizaranse baixo a modalidade contractual laboral temporal axeitada para cada caso.

O BOP núm. 214 do 11 de novembro de 2022 publica a anuncio e bases da convocatoria, que se poden consultar aqui

 

Publicada a relación inicial de persoas admitidas e excluídas (21/11/2022), que pode consultarse aqui

Publicada a relación definitiva de persoas admitidas e excluídas (29/11/2022), que pode consultarse aqui

Convócanse a todas as persoas aspirantes o vindeiro 02/12/2022 ás 9.00h no Salón de Plenos do Concello de Boiro para a realización dos exercicios da oposición. 

 

Prazo e presentación de solicitudes 

O prazo de solicitude será de CINCO días hábiles a contar dende o día seguinte ao da publicación do anuncio no BOP. (prazo aberto ata o 18 de novembro). 

As persoas interesadas en participar neste proceso deben presentar o modelo de solicitude e documentación a través do Rexistro Xeral do Concello de Boiro (aberto de luns a venres en horario de 9.00 a 13.30 horas) ou da sede electrónica. 

 

Requisitos das persoas aspirantes 

- Ter a nacionalidade española ou outra que permita o acceso ao emprego público. 

- Ter cumpridos os 16 anos e non exceder a idade de xubilación forzosa. 

- Non padecer enfermidade ou defecto físico que impida o desenvolvemento das funcións propias do posto de traballo. 

- Non atoparse incurso en causas de incompatibilidade. 

- Non ser despedido mediante expediente disciplinario do servizo de ningunha administación pública. 

- Estar en posesión do título de estudos universitarios como licenciado, Grao, Diplomado universitario ou equivalente, esixido para o subgrupo A2. 

|