Proceso selectivo: persoal de museos

O Concello de Boiro convoca un proceso selectivo para a confección dunha bolsa de emprego temporal de persoal técnico para a atención de museos e centros museísticos. 

O sistema de acceso será mediante concurso- oposición libre e os contatos de traballo formalizaranse baixo a modalidade contactual temporal correspondente segundo se necesite no momento de realizar a contratación. 

O Boletín Oficial da Provincia núm. 115 do venres 17 de xuño de 2022 publica as bases da convocatoria. 

Publicada a relación provisional de persoas admitidas e excluídas (12/07/2022), que pode consultarse aqui

Publicada a relación definitiva de persoas admitidas e excluídas (16/07/2022), que pode consultarse aqui

Publicados os resultados provisionais das probas (22/07/2022), que poden consultarse aqui

Publicados os resultados definitivos das probas e proposta de contratación (04/08/2022), que poden consultase aqui

 

 

Presentación de solicitudes

As persoas interesadas en formar parte deste proceso deben presentar a documentación no Rexistro Xeral do Concello de Boiro, aberto de luns a venres en horario de 9.00 a 13.30 horas, ou a través da sede electrónica. 

O prazo para a presentación de solicitudes é de CINCO DÍAS HÁBILES a contar dende o día seguinte ao da publicación no BOP. 

Requisitos das persoas candidatas

- Ter a nacionalidade española ou algunha outra que permita o acceso ao emprego público. 

- Ter cumpridos os 16 anos e non exceder aquela de xubilación forzosa por idade.

- Non padecer enfermidade ou defecto físico ou psíquico que impida o desenvolvemento das funcións propias do posto de traballo. 

- Non atoparse incurso en causas de incompatibilidade ou incapacidade. 

- Non ter sido despedido mediante expediente disciplinario do servizo de ningunha administación pública. 

- Estar en posesión dunha das seguintes titulacións universitarias ou equivalente: Grao, Licenciatura, Diplomatura, master ou posgrao relacionado coa campos da xestión cultural, patrimonio cultural, de museos ou turística. 

 

|